RADIO.- "O triunfador da Feira Taurina foi o afeccionado" coinciden os contertulios

Pontevedra
16 de agosto 2019

Unha vez concluída a Feira Taurina as Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio fan balance do ciclo e charlan co portavoz da Fundación Toro de Lidia, Chapu Apaolaza

Segundo dos faladoiros taurinos nas Conversas na Ferrería
Segundo dos faladoiros taurinos nas Conversas na Ferrería / Mónica Patxot

O afeccionado. Eses miles de persoas que acudiron á Feira Taurina da Peregrina nesta recentemente concluída edición de 2019 son os triunfadores da mesma a criterio dos participantes no segundo faladoiro taurino de PontevedraViva Radio. Todos eles coinciden en destacar o incremento de público que tiveron os festexos deseñados para esta ocasión, o cal non ha de entenderse cun "confórmome" co feito de que a empresa reducise a Feira.

 Pepé Maquieira, xestor da web Taurophilos; Raúl Martínez, membro da peña Miuras, Guillermo Juncal, membro da peña Que Dios reparta suerte e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra, apuntan ademais a sobresaliente resposta que tivo a Bancada Nova. Nestas Conversas na Ferrería expoñen as súas opinións sobre trofeos, faenas, ganderías e situacións varias que se viviron no coso de San Roque

Ademais destes interlocutores no estudo, vía telefónica tamén participa Chapu Apaolaza, portavoz da Fundación Toro de Lidia, quen comenta a sentenza do Tribunal Constitucional que anula, case integramente, a Lei Balear do Toro, de forma que o pasado 9 de agosto volvía celebrar un festexo taurino no Coliseo mallorquino. De igual forma, e entre outras, responde as cuestións expostas sobre as consecuencias de proferir insultos, calumnias ou incitacións ao odio a través das redes sociais  contra aquelas persoas relacionadas ou afíns á tauromaquia.