RADIO.- Ollo 'cowboy'! "El club de la esquina" vén con música country

Pontevedra
27 de abril 2018

El club de la esquina trae esta semana outro temático. O músico e xornalista pontevedrés Tino Domínguez compón esta vez para PontevedraViva Radio un especial sobre o country

 "El club de la esquina" de PontevedraViva Radio está conducido polo músico Tino Domínguez
"El club de la esquina" de PontevedraViva Radio está conducido polo músico Tino Domínguez / Mónica Patxot

El club de la esquina énchese esta semana de cancións e artistas do xénero country, xurdido na segunda década do século pasado no norte do continente americano. Tino Domínguez, condutor deste programa de PontevedraViva Radio, centra a selección musical en nomes propios e cancións da década dos 70.

Durante esta hora de programa soan voces femininas como a de Tammy Winette, considerada a primeira dama do country americano, Dolly Parton, Crystal Gayle ou Olivia Newton-John.

Tamén deixaron o seu sinal artistas masculinos como Sonny James, Merle Haggard, The Browns co " The three bells", Jim Reeves, Glen Campbell, Roger Miller e o "King of the road"...

Letras que cantan ao amor, ao desamor e que inspiraron a grupos americanos, europeos e como non españois. Composicións que logo foron motivo de éxito para formacións como Duncan Dhu co seu "Xardín de rosas"; versión de Lynn Anderson que tamén se inclúe en El club de la esquina.