RADIO.- Os demoledores efectos do coronavirus en sectores que viven das datas festivas

Pontevedra
18 de agosto 2020

Mentres isto dure, en PontevedraViva Radio, mira a dúas dos sectores que nestas datas estarían en pleno apoxeo: as atraccións feirais e as empresas de pirotecnia

Tirada de fogos en Montero Ríos
Tirada de fogos en Montero Ríos / Cristina Saiz - Arquivo

Acaba de pasar a fin de semana con máis citas festivas do ano. Dous dos sectores para os que o verán supón o seu maior apoxeo de actividade son os da pirotecnia e as atraccións feirais. En PontevedraViva Radio charlamos con Arturo Penide, xerente de Pirotecnia Penide e con Menchu Camarero, propietaria de Atracciones de feria Camarero.

No caso de Arturo, en condicións habituais só en espectáculos nocturnos, a estas alturas de ano, realizase preto de 35, esta vez unicamente ten pechados dous - un deles o formato para este ano do combate naval; e en canto a festas poderían superar as 800 e este ano "nin 80". A situación é "demoledora, con perdas do 90% da facturación ao que hai que engadir os gastos fixos que hai que asumir".

Traemos tamén a Mentres isto dure a Autoestradas Camareiro é unha empresa que no sector leva máis de 75 anos. "É algo impensabile e unha situación na que o noso sector foi ignorado por completo"; uns 40.000 autónomos en España. Desde as pasadas festas de San Froilán, en outubro, non se volveron a instalar nunhas festas, cando en condicións normais, desde a onomástica de San Xoán, todas as semanas van cambiando de lugar coa súa correspondente festa. 

A nivel nacional e tamén autonómico estes autónomos mobilizáronse, pero lamentan que seguen igual que o primeiro día, así que a estas alturas: "o único que vemos posible para salvar a situación é un rescate; porque se non este sector están a abocalo á desaparición".