RADIO.- Pablo Aguado: "espero ver esas cousas boas que me contaron da afección de Pontevedra porque aos toureiros dános moita confianza"

Pontevedra
09 de agosto 2019

As Conversas na Ferrería de  PontevedraViva Radio, como a Feira da Peregrina, abren o seu ciclo taurino. Nesta ocasión, ademais de invitados no estudo charlamos cun dos directores da Escola Taurina de Albacete, Sergio Martínez; coa promesa Carla Otero e co toureiro revelación da tempada que este sábado 10 debutará en Pontevedra, Pablo Aguado

Tertulia taurina da Feira da Peregrina 2019 en PontevedraViva Radio Mónica Patxot

As Conversas na Ferrería entran en terreo taurino con motivo da celebración da Feira da Peregrina 2019. Para este primeiro faladoiro participan no estudo Pepé Maquieira, xestor da web Taurophilos; Raquel Lorenzo, novo afeccionada da peña Que Dios reparta suerte; Raúl Martínez, membro da Peña Miuras e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra. 

Vía telefónica charlamos con Sergio Martínez, que xunto a Gonzalo González dirixen a Escola Taurina de Albacete á que pertencen os dous mozos que compartían festexo na  becerrada do sábado 3 de agosto: Alberto Garijo e Manuel Caballero. Tamén falamos coa terceira moza  acartelada, da Escola Taurina de Guadalajara, Carla Otero, que causou unha sobresaliente  imprensión durante a súa lida no coso de San Roque.Ademais de confirmar o bo estado físico de Garijo que sufríu unha contusión durante lídaa; durante a charla ponse sobre a mesa unha proposta: acoller na praza pontevedresa algún tipo de certame con promesas do toureo.

Para falar da próxima fin de semana taurina na cidade contamos co toureiro revelación da tempada, Pablo Aguado. O mestre sevillano comentou en  PontevedraViva Radio da súa presenza na Feira da Peregrina: "espero ver todas esas cousas boas que me contaron da afección de Pontevedra porque iso aos toureiros achéganos moita confianza. Para min será unha data especial".