RADIO.- Peixes, carnes, froitas e verduras do Mercado de Abastos a un click e con entrega a domicilio en transportes sostibles

Pontevedra
12 de agosto 2020

Charlamos en PontevedraViva Radio co mozo pontevedrés que vai ofrecer un servizo web para facilitar a compra online na praza de Abastos  e a súa entrega a domicilio, utilizando para iso transportes sostibles

Jorge  Eyo, impulsor da web e da iniciativa prevista para ampliar o servizo na Praza de Abastos de Pontevedra
Jorge Eyo, impulsor da web e da iniciativa prevista para ampliar o servizo na Praza de Abastos de Pontevedra /

De usuario habitual da Praza de Abastos a promotor dunha ferramenta telemática que diversifica as posibilidades de compra para outros usuarios do Mercado. Este é o escuetisimo resumo da actividade na que leva inmerso un mozo pontevedrés, Jorge Eyo, desde que comezou o confinamento motivado polo coronavirus. A súa idea xa ten nome propio: Ponte Abastos.

O mesmo nome da páxina web a través da cal calquera usuario poderá facer a súa compra online na Praza, solicitar que lla entreguen no seu domicilio ou ben realizar un ' click and collect', isto é, realizar a compra e recoller persoalmente no propio Mercado.

En PontevedraViva Radio charlamos con este emprendedor pontevedrés cuxo proxecto implica aos propios placeiros, a deseñadores web, técnicos en márketing, fotógrafos, técnicos en ámbito sanitario e de calidade alimentaria, ademais de empresas de transporte sostible, coas que se quere contribuír tamén a unha repartición a domicilio acorde coa filosofía do modelo de cidade. Todo iso, coa implicación do Concello a través da Concellería de Promoción Económica.

A intención é que esta páxina web: ponteabastos. com estea operativa en setembro. Todos os pormenores e vantaxes, tanto para usuarios como para placeiros cóntanola o seu artífice no podcast Mentres isto dure.