RADIO.- Pepe Solla presentará o seu libro "Cuando lo ancestral se hace eterno" en decembro en Pontevedra

Pontevedra
26 de novembro 2016

PontevedraViva Radio tiña unha promesa pendente co cociñeiro Pepe Solla. El abriu os Cara a cara e comprometemos, dada a súa afección musicial, unha playlist. O momento non foi fortuíto. Este novembro celebrou o 55 aniversario de Casa Solla. E a primeira semana de decembro presentará en Pontevedra outro os seus proxectos feitos realidade: Cuando lo ancestral se hace eterno, o libro que editou con Montagud Editores. 

Pepe Solla protagonista da Playlist de PontevedraViva Radio
Pepe Solla protagonista da Playlist de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Cuando lo ancestral se hace eterno era un dos seus proxectos para este 2016 e xa se plasmou en papel. Xunto a Montagud Editores, Pepe Solla logrou un libro "exquisito" e non só polo motivo do seu contido.

E este ano, ao que queda practicamente un mes, despedirase con sabor a aniversario. Os 55 anos que este novembro celebrou Casa Solla, desde que os seus pais abrisen aquela casa de comidas en Poio. E despedirase ademais, lembrando que este chef con estrela Michelín, soles Repsol e proxección internacional pregoou as súas festas de San Xoán.

Nesta playlist de PontevedraViva Radio, Pepe Solla móstranos outra das súas paixóns, a música. Concretamente a súa afección, dotes e destreza para tocar a guitarra. Subiu ao escenario con recoñecidos nomes do panorama actual galego: os Ferreiro, Eladio, Xoel,...e na súa inquieta e privilexiada cabeza "enfórnase" o que pode ser un sorprendente proxecto coral.