RADIO.- Podcans: O teu can tamén se merece unha masaxe

Pontevedra
17 de febreiro 2020

Evitar comportamentos non desexados do teu can pode ter solución no Método Tellington  TTouch. Un método no que se centra nesta ocasión o programa Podcans de PontevedraViva Radio

Sabela necesita acollida urxente
Sabela necesita acollida urxente

A tensión en determinadas zonas do corpo pode derivar en comportamentos non desexados como agresividade ou medo. Para evitar esas situacións, o educador canino de Podcans, Diego Álvarez, fala nesta ocasión do Método Tellington TTouch. Coa súa aplicación nos cans conséguese mellorar o movemento, reducir o esteas, liberar tensións, ou mellorar o vínculo entre o can e o seu guía.

Trátase dun método que inicialmente se desenvolveu en cabalos e actualmente emprégase con diversos animais. Combina masaxes, exercicios de guía e de obstáculos. No programa de PontevedraViva Radio, explícase que tipos de TTouch pódense realizar, en que zonas do corpo do animal e que beneficios reporta.

A imaxe que acompaña o podcast corresponde a Sabela, unha cadela que ten uns dez anos de idade e cuxa acollida urxe especialmente. O motivo é que ten mal unha pata e un tumor, que polo momento non son operables dado o seu exceso de peso. Por iso os seus guías deben coidar que realice un exercicio constante para quitar ese sobrepeso que permita a súa intervención. Aínda que socializa ben con outros animais e persoas é medorenta. Atópase na Asociación de Amigos da Canceira de Poio.