RADIO.- Podcans plantexa a teoría da dominancia na educación canina

Pontevedra
24 de setembro 2018

Segunda entrega do programa Podcans de PontevedraViva Radio. Un podcast que ten por obxectivo facer felices aos cans

Tyson atopou adopción
Tyson atopou adopción / PontevedraViva

Na segunda edición de Podcans, o educador canino Diego Álvarez fala de dominancia e a teoría da dominancia que realizou David L. Mech.

Trátase dun dos chamados 'métodos clásicos' na educación de cans segundo o cal "xerarquicamente debemos estar por encima do can en todo momento, recorrendo se é necesario ao castigo físico". Para Álvarez "é unha teoría obsoleta, sen base científica e coa única finalidade de xustificar o castigo como método educativo".

Ademais de abordar quincenalmente un tema concreto, no programa tamén se inclúen recomendacións de vídeos na internet ou de lecturas. De igual forma, a imaxe que aparece na información de PontevedraViva como en PontevedraViva Radio corresponde a un can susceptible de ser adoptado.

Neste caso trátase de Tyson, un macho Pitbull, de tres anos, castrado, con boa ocialización con persoas e cans, de nivel de enerxía media-alta. Atópase na protectora 'Tu eres nuestra ayuda' de Vigo. A persoa de contacto é Ana e o número de teléfono 633 842 656.