RADIO.- Podcans rebate os misteriosos casos de "o can que..."

Pontevedra
27 de xaneiro 2020

Para este programa de Podcans, en PontevedraViva Radio, o educador canino Diego Álvarez tira de dose de humor para rebater unha serie de máximas que se utilizan para falar de cans e que carecen de verdade ou non son correctas

Napoleón require adopción e atópase na Canceira de Poio
Napoleón require adopción e atópase na Canceira de Poio

"O misterioso caso do can que..." Con esta irónica apostila Diego Álvarez, educador canino de Podcans, rebate nesta ocasión unha serie de máximas que carecen de verdade ou que non son correctas.

Frases que segue escoitando e que en múltiples ocasións caen, por exemplo no "antropomorfismo", é dicir, dar un trato ou atribuír coñecementos ao animal que corresponden ás persoas, non a un animal.

Así refire a casos como "o can que non entende o non", "o can ao que lle gusta que lle abracen", "o can con sentido do humor", ou "o can que sabe que o fixo mal".

O podcast de PontevedraViva Radio vén acompañado da imaxe dun coñecido, Napoleón, un can de catro anos que require adopción e que está custodiado pola Asociación de Amigos da Canceira de Poio. Pesa uns 17 quilos e é sociable con cans e humanos.