RADIO.- 'Ponte en el mapa': Míster Ramos, desde A Lama con calquera cliente do mundo

Pontevedra
20 de marzo 2021

De Londres á Lama para seguir emprendendo. É unha primeira referencia para coñecer os últimos anos profesionais do pontevedrés Rafael Pardo, míster Ramos. No podcast 'Ponte en el mapa' de PontevedraViva Radio coñecemos outra historia de emigración e neste caso de retorno

Rafael Pardo Ramos no podcast 'Ponte en el mapa' de PontevedraViva Radio Mónica Patxot

O podcast 'Ponte en el mapa' visibiliza a experiencia do pontevedrés Rafael Pardo Ramos (@raphsomar). De pais pontevedreses, naceu en México, país ao que emigraron os seus proxenitores. Viviu na nación charra, en Estados Unidos e abriu a súa primeira empresa no sector do márketing e a comunicación nesta capital pontevedresa.

En 2012, emigrou a Reino Unido. Naquel momento, conta en PontevedraViva Radio, atopar traballo era algo inmediato, "había traballo para todos" e fíxoo en diversos sectores que xurdiron ao amparo dos Xogos Olímpicos. Un tempo despois decidiu volver emprender. No mesmo sector no que se formou e do que tiña experiencia. 

Con todo en 2018 o Brexit xa ameazaba a tesitura de moitos migrantes e no caso de "míster Ramos" a circunstancia fíxolle sopesar volver facer maletas e de novo, emigrar. Así o fixo en abril de 2019. Regresou a Pontevedra para reemprender desde o rural. De Londres pasou A Lama. Así de radical. Explica que "é unha marabilla, necesitaba paz" e que poder traballar facendo uso da telemática permítelle realizar a súa actividade con clientes de calquera continente.

Ten 36 anos, "pero percorrín tantos países e traballei con tantos sectores coma se tivese 65". O seu testemuño é o que se pode escoitar neste 'Ponte en el mapa' de PontevedraViva Radio un programa que pretende visibilizar a quen exerceu en primeira persoa o verbo emigrar.