Sofía Portela Sánchez leva cinco anos residindo na capital española. Alí exerce a súa profesión no Hospital Gregorio Marañón, onde estivo de residente e no último ano traballa no servizo de consultas de Neuroloxía.
Esta pontevedresa estudou Medicina en Santiago e concluído o MIR, fixo as maletas con destino Madrid para realizar a especialidade que agora a ocupa profesionalmente, "apetecíame un cambio e tamén quería facer Neuroloxía, para o que me recomendaban facela nun hospital o máis grande posible; así que tiven a oportunidade e vinme aquí".
Sobra profundar na tesitura que os sanitarios levan vivindo nos últimos treces. Apunta en PontevedraViva Radio que "ao principio custaba manter o ánimo" e que tras múltiples axustes "todos, aprendemos moitas cousas con isto"; unha aprendizaxe que avala con "máis de dez mil pacientes con covid-19 que vimos neste centro".
Madrid "é bastante distinto. As distancias ao principio custoume afacerme; pero permíteche viaxar se che gusta, e a oferta de lecer e cultura é moi grande" sinala nesta edición de 'Ponte en el mapa' todo iso no que entendiamos como normalidade. Os seus plans profesionais, polo menos a curto prazo, non pasan por deixar esa cidade.