RADIO.- "A medida que máis consegue mellorar a saúde no ámbito neurolóxico é o exercicio físico"

Pontevedra
25 de xaneiro 2022

O doutor Javier Camiña Muñiz, oriúndo de Meaño, exerce a súa actividade profesional en Baleares e recentemente asumía novas responsabilidades no organigrama da Sociedade Española de Neuroloxía. Con el falamos en PontevedraViva Radio sobre diversas doenzas desta especialidade médica, que require unha planificación ante o presente e futuro da poboación 

Javier Camiña, neurólogo meañés, vogal da SEN, exerce su actividad profesional en Palma, Baleares
Javier Camiña, neurólogo meañés, vogal da SEN, exerce su actividad profesional en Palma, Baleares /

Javier Camiña Muñiz é neurólogo, oriúndo de Meaño e desde hai unha década exerce a súa actividade profesional en Palma, a capital de Mallorca. É responsable das consultas de cefaleas, patoloxía neuromuscular e coordinador da estratexia de Código Ictus na Clínica Rotger Quirónsalud e o Hospital Quirónsalud Palmaplanas e igualmente colabora na Unidade de Cefaleas do Hospital Universitari Son Espases.

Con el, novo responsable ademais da área de comunicación da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), falamos de cefaleas,- é o actual coordinador do grupo de estudo de cefaleas da Sociedade Balear de Neuroloxía-, un trastorno moi común que se subestima á hora de acudir a unha consulta e que deixa elevadas cifras de incapacitación e de diminución da calidade de vida.

Duns contratempos cerebrovaculares que aumentan en canto a pacientes que entran por Urxencias, os ictus; e preguntamos por recentes estudos que vinculan a esclerose múltiple coa mononucleosis ou 'enfermidade do bico'.

Dado que este pontevedrés tamén é membro dos grupos de estudo sobre conduta e demencias da SEN en PontevedraViva Radio recollemos a súa opinión sobre a prevención, detección temperá, asistencia sanitaria e social da pirámide de idade poboacional española a presente e futuro.

"En Neuroloxía imos ver un número moito maior de pacientes e hai que expolo desde o punto de vista asistencial, sanitario e social. Aí está o reto. Vendo o próximos dez ou vinte anos, se non se planifica de forma correcta desde as administracións pódenos desbordar", advirte e engade como consello xeral que "a medida que máis consegue mellorar a saúde, no ámbito neurolóxico, é o exercicio físico".

Sobre esta pandemia e a Neuroloxía tamén falamos neste podcast do 'Cara a cara' xa que se apuntaron diversas doenzas relacionadas con esta área médica no denominado 'covid persistente'. Camiña Muñiz indica a este respecto que: "aínda hai que ser moi prudentes cos efectos da covid a longo prazo" no ámbito neurolóxico.