RADIO.- Reciclamos e compostamos por beneficio ou por conciencia?

Pontevedra
20 de xaneiro 2017

Reciclamos e compostamos por beneficio ou por conciencia? É a pregunta que expomos nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio ante unha hipotética rebaixa na taxa do lixo se os barrios resultan ser bos elaboradores de compost.    

Participantes nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio
Participantes nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

En PontevedraViva Radio reunimos esta semana catro presidentes veciñais e comerciais para coñecer a súa opinión sobre esa posibilidade anunciada polo Concello de Pontevedra de premiar os barrios que mellor reciclen, e faríao cunha rebaixa no recibo do lixo.

Convidamos a Carlos Diéguez, presidente da Asociación de Veciños de Monteporreiro, e pioneiros na compostaxe no municipio; Juan Loureiro de San José de Campolongo, que tamén se suma a poñer en marcha a iniciativa; Miguel Vilacoba, presidente da Federación de Veciños Teucro e Miguel Lago, presidente da Asociación Comercial Zona Monumental.

Os catro interlocutores coinciden en sinalar que esa hipotética rebaixa non será o que impulse aos cidadáns para sumarse á compostaxe. Miguel Vilacoba, por exemplo, apunta que os beneficios dun sistema de xestión dos residuos como o que expón o Concello deberían ser para toda a poboación e penalizar a quen non reciclen.

Exponse dúbidas sobre a "acollida" e posibilidade de localización que os composteiros terían nalgunhas zonas do centro urbano. Unhas circunstancias que foron totalmente favorables no barrio de Monteporreiro como expuxo Carlos Diéguez.