RADIO.- Un cambadés patenta o uso de cunchas de vieira como material de revestimento de paredes

Pontevedra
20 de agosto 2020

Atopar un edificio na costa galega revestido con cuncha de vieira non é excepcional. Joaquín Domínguez ha  reinventado esta utilidade cun proxecto empresarial  ecosostenible que conta en PontevedraViva Radio

Joaquín Domínguez, emprendedor da marca Shell Pannel PontevedraViva

As cunchas de vieira poden ser reutilizadas unha vez que o sector da alimentación e conserva os tira. Desa opción de reutilización falamos en PontevedraViva Radio: o revestimento de paredes; algo que en Galicia desde hai anos e de forma rudimentaria xa se facía. Con todo, como idea empresarial, ata o de agora ninguén o fixo e por iso o cambadés Joaquín Domínguez, rexistrou a marca Shell Pannel e adquiriu a patente.

Explica no Cara a cara que é o "revestimento máis ecolóxico que se pode atopar. O proceso non leva químicos, nin o industrial, xa que se fará de forma artesanal; os residuos que saian van ser compostados e ademais o material para a súa embalaxe tamén vai reutilizar redes de pesca". É dicir, fala dunha iniciativa ecosostenbile.

Ademais os deseños dos paneis teñen colocación sinxela; o material é impermeable, ignífugo, repele o musgo, non require mantemento nin tratamento con produtos químicos e esteticamente permite múltiples deseños. Agarda poder estár na fase de produción para o próximo 2021.

Joaquín foi un dos emprendedores que participou no último coworking ofrecido pola Deputación, e que lle supuxo "gañar seguridade e afianzoume no meu proxecto para seguir adiante". Puntos de vistas realistas, cos proles e posibles contras por diante.