Rafa Domínguez acusa o Concello de "falta de previsión" na apertura dos parques infantís

Pontevedra
14 de xuño 2020

Segundo o portavoz do Partido Popular en Pontevedra "a apertura debería estar preparada desde hai semanas. Como outros concellos"

Rafa Domínguez, portavoz do Partido Popular en Pontevedra
Rafa Domínguez, portavoz do Partido Popular en Pontevedra / Mónica Patxot

A decisión de atrasar unha semana a apertura dos parques infantís do municipio xustificado na "improvisación" e o pouco tempo dado pola Xunta para cumprir os requisitos esixidos, provocou este domingo a crítica do Partido Popular de Pontevedra.

O portavoz da organización a nivel local, Rafa Domínguez, acusou o Concello de "falta de previsión", sinalando que "os nenos e as nenas da nosa cidade de terán que ir a concellos adxacentes para poder xogar".

Segundo Domínguez a administración local "debe investir o necesario en plans de adaptación, hixiene e desinfección sen esperar un minuto máis" porque "os nenos foron uns dos colectivos máis prexudicados nesta pandemia, polo que debería ser unha prioridade que puidesen volver á normalidade o máis axiña posible, con todas as garantías".

Na súa explicación o edil do principal grupo da oposición municipal entende que "a apertura dos parques infantís debería de estar preparado desde hai semanas. Como outros concellos galegos".

Para o líder do PP local "chama a atención que a súa escusa sexa que a desinfección diaria das zonas de xogo é materialmente imposible, algo que se que están a realizar outros concellos máis pequenos e con menos posibilidades que o noso", concluíu Domínguez.