A reapertura ao tráfico de Raíña Vitoria será "lo primero que haga", asegurou este venres Rafa Domínguez, se os pontevedreses "me dan su confianza" nas eleccións municipais de 2023 e se converte no novo alcalde de Pontevedra.
Este compromiso selouno ante notario, nun acto celebrado na rúa, onde Domínguez deu a súa palabra de que "mi primera firma como alcalde será la del bando de reapertura de esta arteria fundamental para los pontevedreses".
O líder do PP pontevedrés reiterou que Raíña Vitoria "se cerró en base a una mentira", amparándose na pandemia, unha decisión que "no obedece al modelo de ciudad y no busca ganar espacio para el peatón", a diferenza doutras áreas que foron humanizadas.
"Este ha sido un cierre caprichoso, sin fundamento y que carece de cualquier tipo de lógica", sinalou o portavoz popular, que pediu ao goberno municipal que "no gaste el dinero en realizar ningún tipo de obra aquí" porque o PP reverteraa cando goberne.
En torno ao Partido Popular, defendeu Rafa Domínguez, está a conformarse unha "alternativa seria" de goberno fronte a un Miguel Anxo Fernández Lores "cansado y agotado" e que se presentará de novo ás eleccións "por ausencia de un relevo".
Domínguez insistiu que, pola contra, o PP é un partido de "gente joven y preparada" e que "con ilusión y con ganas" están a dar forma a un proxecto "con las ideas claras de lo que necesita Pontevedra".