O líder do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, ve un Concello "absolutamente paralizado" por mor dun goberno local que vai "literalmente, arrastrando os pés" e "non segue o ritmo que necesita esta cidade".
Así o denunciou este xoves baseándose nos datos de contratación de obra pública do primeiro semestre do ano 2025.
Así, denuncia que se rexistrou unha licitación de obra pública "irrisoria", "pírrica" e, segundo a súa apreciación, "indecente", pois se contabilizan "apenas 472.000" euros en investimentos en obra pública de xaneiro a xuño.
Domínguez compara estes datos cos do resto de concellos galegos e asegura que Pontevedra é "a última" das sete grandes cidades galegas en licitación de obra pública.
Si a comparación faise cos municipios da contorna, veo "aínda máis grave", pois asegura que Marín, Poio, A Lama ou Campo Lameiro teñen máis licitación en obra pública que Pontevedra a pesar de ter un censo e un orzamento moi inferiores.
"Campo Lameiro, con 2.000 habitantes, licitou máis no primeiro semestre que Pontevedra. E isto temos que denuncialo", sinala o líder do PP, que considera que estas cifras son "froito da falta de traballo de Lores e dos seus concelleiros, que non son capaces de sacar adiante a cidade".
Ademais, asegura que non é algo "puntual", senón unha "tendencia" que detecta desde o inicio do actual mandato municipal 2023-2024. Así, xa no mesmo período de 2024 licitouse unha cantidade que "tampouco chegou ao millón de euros", pero agora reduciuse "un 95%" nun ano.
Este descenso, para Rafa Domínguez, demostra que "Pontevedra vai en sentido contrario a todos os concellos de Galicia", pois no resto a licitación de obra pública creceu de media un 51%, pasando de 130 millóns de euros de obra pública licitada a 210, mentres que en Pontevedra pasa á metade.
Segundo as cifras facilitadas polo líder do PP, dos 303 concellos que hai en Galicia, en poboación e orzamento, Pontevedra é o sexto, pero en licitación de obra pública ocupa o posto número 91.
Atribúeo a un goberno local "absolutamente pasota" que, nestes momentos, "fai que a cidade estea paralizada" e considea que os pontevedreses "non se merecen iso", senón que merecen un executivo forte e que traballe. "Lores nin está forte nin traballa", lamenta.
Critica que, por esta falta de acción e de licitación, "Pontevedra queda atrás, estáncase" e engade que considera que non hai un plan de futuro, senón que o goberno local "vive de rendas do pasado e cada vez imos a peor".