O pretendido traslado da feira ambulante á Alameda non conta co respaldo no PP. Rafa Domínguez considera que este posible cambio de localización "hay que estudiarlo más en profundidad" antes de tomar unha decisión deste calado.
"No se debe hacer en este momento", sentenciou Domínguez, que coincide co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que tamén expresou recentemente as súas reticencias ao cambio proposto pola edil de Promoción Económica, a socialista Yoya Blanco.
Tras criticar o "sainete" que están a protagonizar os dous socios de goberno ao redor deste asunto, o líder dos populares de Pontevedra sostén que o traslado da feira non se pode abordar "con un informe de la Policía Local que lo desaconseja".
O candidato do PP censura ademais que, para dar cobertura a este traslado, se cometeu o "error grave" de modificar a ordenanza de venda ambulante de maneira "precipitada".
Toda esta présa, segundo Rafa Domínguez, débese a que a responsable municipal de Promoción Económica "se quiso marcar un tanto y lo que ha hecho ha sido quedar en evidencia".