Rafa Domínguez reunirase semanalmente con afiliados do PP para compartir ideas e opinións

Pontevedra
30 de agosto 2018

"As achegas que nos trasladen os nosos afiliados son importantes á hora de construír un proxecto de futuro para Pontevedra", sinalou Domínguez

Rafa Domínguez
Rafa Domínguez / Mónica Patxot

O presidente local, Rafa Domínguez, iniciará a vindeira semana reunións con afiliados do Partido Popular de Pontevedra, cumprindo así o compromiso acadado con eles antes da celebración do 12 Congreso Local o pasado 30 de xuño.

"Marquei como un dos obxectivos desta nova etapa abrir o partido aos veciños de Pontevedra e dinamizar a actividade na sede, este é o outro paso", sinalou, "unha vez rematado o período estival é o momento idóneo para iniciar estes encontros cos que poder compartir ideas, opinións e proxectos cos nosos afiliados".

"Ilusión, diálogo e Pontevedra son os meus piares e conto con todos os que forman parte do Partido Popular de Pontevedra para propiciar o cambio que o noso municipio precisa", manifestou Domínguez, "todo suma, polo que todas as achegas que nos trasladen os nosos afiliados son importantes á hora de construír un proxecto de futuro para a nosa cidade", engadiu.

As reunións se desenvolverán na sede local do Partido Popular todos os martes.