Ramón Ledesma foi, ata 2012, subdirector da Dirección Xeral de Tráfico (DGT). Foi un dos principais responsables da xestión e aplicación do carné por puntos. Desde entón traballa para a empresa privada, deseñando plans de seguridade viaria e asesorando a numerosos colectivos como a Fundación Pons. Esta última faceta é a que lle trouxo estes días a Pontevedra, cidade da que quere estudar o seu modelo urbano.
Recibido este xoves polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Ramón Ledesma destacou que este modelo "está cogiendo velocidad en toda Europa" porque existe en moitos países unha "demanda de cambio". Explicou que, logo duns 60 anos nos que as cidades gobernábanse pensando nos vehículos, "ahora se quiere gobernar pensando en los peatones". Neste sentido, dixo, Pontevedra ten moito avanzado.
Igual que na moda volve o gusto pola roupa antiga, tamén ocorre o mesmo coa mobilidade. Ledesma chegou a cualificar o modelo pontevedrés como unha aposta polo 'vintage' que, nesta materia, sería que "se ha vuelto a vivir en la calle, a que los niños jueguen al aire libre y se use toda la ciudad para las personas", todo iso, sinalou, "sin perder agilidad en los desplazamientos".
Destacou o acerto de Pontevedra á hora de cambiar metros cadrados de cidade que só usaban os vehículos e que agora gozan os cidadáns a pé, apostando por unha nova "filosofía vial", consistente en que os tradicionais pasos de peóns váianse convertendo en "pasos para vehículos", xa que son estes os que se están convertendo nunha "excepción" no deseño das cidades europeas.
Tras destacar que ve "exportable" o modelo de Pontevedra, Ramón Ledesma subliñou que a sensación que lle produce a cidade é que o espazo urbano "está para vivir" e asegurou que lle chamou especialmente a atención a reordenación do tráfico no ámbito dos colexios onde a zona peonil é máis ancha e o protagonismo é para os pais e os seus fillos, e onde os coches son unha "anomalía".