Ante a desescalada deseñada polo Goberno, o arquivo municipal de Pontevedra reabriu as portas ao público. Iso si, baixo estritas condicións para a consulta de documentos.
Os responsables do arquivo priorizarán a atención telemática e, cando sexa absolutamente imprescindible, a cidadanía poderá solicitar a consulta de maneira presencial con cita previa.
O arquivo comunicará por teléfono ou correo electrónico, a data e as condicións de consulta da documentación. Terán preferencia as peticións de información e copias de documentos que deban aportarse en procedementos administrativos e xudiciais.
Os documentos e material consultado quedarán en corentena durante un período mínimo de 10 días antes de poder ser empregados de novo.
Ademais, os usuarios e investigadores só poderán empregar os seus equipos informáticos e non os das propias instalacións e deberán adoptar as medidas adecuadas para protexer a súa saúde e evitar contaxios cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias.
O arquivo poñerá a disposición dos usuarios que accedan as instalacións máscaras, guantes, panos desbotables e solucións hidroalcólicas.