Reabren a estrada do Muíño tras reparar o burato que apareceu na vía

Poio
15 de marzo 2023

Desde este mércores volve a estar aberta ao tráfico a estrada provincial EP-0603, entre O Muíño e Campañó, en Poio. Tivo que estar pechada tres días para arranxar o burato que apareceu na calzada e que obrigou a cortar a circulación por motivos de seguridade

A estrada do Muíño, reaberta ao tráfico
A estrada do Muíño, reaberta ao tráfico / Deputación de Pontevedra

Desde este mércores volve a estar aberta ao tráfico a estrada provincial EP-0603, entre O Muíño e Campañó, en Poio. Tivo que estar pechada tres días para arranxar o burato que apareceu na calzada e que obrigou a cortar a circulación por motivos de seguridade.

A incidencia rexistrouse á altura do quilómetro 0+200 e foi resolto por operarios dos servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, titular desta infraestrutura.

As brigadas traballaron para a reparación desta avaría, coa apertura transversal no punto da rotura e a substitución da vella canle de drenaxe de pedra existente por unha estrutura prefabricada e con sección suficiente, que agora canaliza as augas pluviais. 

As obras completáronse coa restauración do firme, que é provisional, xa que a Deputación ten aberto un expediente de contratación para asfaltar este tramo da EP-0603.