Reanúdanse as clases no CPI Aurelio Marcelino Rey tras resolver a avaría na rede de auga

Umia
21 de xaneiro 2019
Danos no colexio Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis
Danos no colexio Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis e a Xefatura territorial de Educación decidiron que este martes se reanuden as clases no Centro Educativo Aurelio Marcelino Rey de Cuntis no seu horario habitual, tras terse reparado a avaría na rede de auga, que afectou a este espazo escolar.

Tanto os operarios do Concello como das empresas de limpeza contratadas para a posta a punto do centro levaron a cabo os traballos necesarios para que poidan impartirse as clases con normalidade desde este día 22.

O alcalde de Cuntis Manuel Campos emitiron un comunicado indicando que desde o grupo de goberno como desde a dirección do centro escolar e os responsables da Xefatura territorial de Educación da Xunta realizaron un esforzo para reestablecer a normalidade no menor tempo posible.

A avaría rexistrábase no sistema de subministro de auga e a decisión de suspender as clases durante este luns foi adoptada desde a Xunta de Galicia para garantir a seguridade da comunidade escolar.