Recordo ás vítimas da COVID-19 na celebración do 176 aniversario da Garda Civil

Pontevedra
13 de maio 2020

A crise sanitaria condicionou a celebración do acto organizado na Comandancia de Pontevedra para conmemorar esta efeméride

Celebración do 176 aniversario ga Garda Civil na Comandancia de Pontevedra
Celebración do 176 aniversario ga Garda Civil na Comandancia de Pontevedra / Guardia Civil

A Garda Civil organizou este mércores un sinxelo acto nas súas dependencias da comandancia de Pontevedra para conmemorar o 176 aniversario da súa fundación. 

A crise sanitaria obrigou a limitar a celebración da efeméride de anos anteriores a un sobrio acto que tivo lugar na chaira da comandancia coa lectura do decreto fundacional acompañado dunha reducida representación do persoal que traballa no acuartelamento.

Concluíu o acto coa homenaxe aos gardas civís falecidos en acto de servizo e co recordo posto nos compañeiros que perderon a vida como consecuencia do coronavirus, así como de todas as vítimas da COVID-19.