Dende o Concello de Marín deron conta das obras de humanización da Rúa do Tombo que entran na súa recta final e tamén anunciaron que esta semana vén de rematar a renovación do alumeado público na rúa República Arxentina.
Na Rúa do Tombo os traballos están moi avanzados e apenas queda colocar as novas luminarias e rematar con la pavimentación do viario.
Pretendíase tela finalizada esta semana, pero as condicións meteorolóxicas adversas, marcadas polas intensas chuvias, posporán a finalización da colocación do pavimento ata a próxima semana.
Esta humanización, en pleno centro da vila marinense, afecta unha rúa que conecta as avenidas de Concepción Arenal e a de Ourense, que contaba cun único sentido de circulación e no que non había beirarrúas continuas, senón apenas un par de pequenos tramos que non servían para dar servizo aos peóns que transitan esta zona.
Agora, con esta actuación, a rúa incorporará unha nova beirarrúa na marxe esquerda, seguindo o sentido da marcha do tráfico rodado, que mellorará a mobilidade.
Esta obra supón unha importante mellora na rede de saneamento que se está executar ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra da man da empresa Contrucciones Fechi cun orzamento de 120.000 euros.
REPÚBLICA ARXENTINA
Esta semana ven de rematar a renovación do alumeado público na rúa República Arxentina, unha actuación coa que se conseguiu mellorar de xeito importante a estética do viario e a súa eficiencia enerxética, seguindo cos criterios de sustentabilidade ambiental.
O proxecto consistiu na renovación integral do cadro de alumeado e na retirada de todos os báculos metálicos existentes na vía principal, que foron substituídos por pezas renovadas e luminarias tipo LED.
A obra foi executada por SETGA, cun presuposto global de 38.860,55 euros que procedeu dunha subvención concedida polo Fondo de Compensación Ambiental, dependente da Xunta de Galicia.