Reforma de 50 metros del sendero fluvial dos Gafos afectados polas escorras das enchentes

Pontevedra
14 de xaneiro 2021

Os traballos executados por Ferrovial permitiron reparar as fochancas e arrastres de terra provocados polos temporais de choiva. O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural indica que é unha obra de emerxencia realizada á altura de Ponte Boleira cunha achega de 3.000 euros e que inclúe a revisión das escaleiras de acceso dende a avenida de Vigo

Pavimento establecido tras realizar a reparación no sendeiro fluvial dos Gafos
Pavimento establecido tras realizar a reparación no sendeiro fluvial dos Gafos / Concello de Pontevedra

Estes días realizáronse obras para reparar os danos que os temporais de choiva rexistrados en decembro causaron na senda fluvial do río dos Gafos. Desta forma, a Consellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural executaba a través da empresa concesionaria Ferrovial a rehabilitación de 50 metros de tramo do carreiro que percorre o espazo situado en Ponte Boleira, no punto de encontro coa avenida de Vigo.

As escorras de enchentes das últimas semanas de decembro provocaron arrastres de terra e creáronse fochancas de grandes dimensións nesta zona frecuentada por numerosos paseantes,

Iván Puentes, concelleira de Medio Natural, explicaba que a obra contou cun orzamento de 3.000 euros e o traballo permitiu reparar todos os afundimentos da senda a través dun pavimento de terrizo de xabre cunha porcentaxe de cemento de cor ocre. A intención desde o Concello de Pontevedra é que se estabilice este espazo de fronte ao futuro.

Tamén se incluíu neste operativo a revisión e mellora das escaleiras de madeira que conectan a senda dos Gafos coa avenida de Vigo. Esta estrutura contaba con algún chanzo en mal estado e foi reparado.

A estas actuacións necesarias debido ao desbordamento do río hai que sumar a intervención do grupo de voluntarios da Concellería de Deportes e da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que recuperaba as dúas pasarelas de madeira que foron arrastradas pola corrente nas proximidades de Ponte Valentín.