Reforzan a seguridade viaria en San Salvador de Poio

Poio
18 de agosto 2020

O Concello de Poio avanza na execución dun plan integral para reforzar a seguridade viaria en diferentes rúas e espazos do municipio. A última actuación neste eido desenvolveuse hai uns días e serviu para dotar de sinalización vertical e horizontal á rúa Peirao da Barca, na parroquia de San Salvador

Mellora da seguridade viaria na rúa Peirao da Barca, en San Salvador
Mellora da seguridade viaria na rúa Peirao da Barca, en San Salvador / Concello de Poio

O Concello de Poio avanza na execución dun plan integral para reforzar a seguridade viaria en diferentes rúas e espazos do municipio. A última actuación neste eido desenvolveuse hai uns días e serviu para dotar de sinalización vertical e horizontal á rúa Peirao da Barca, na parroquia de San Salvador.

Segundo a información facilitada pola concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, o Concello procedeu a restrinxir o acceso de tráfico rodado á zona axardinada do parque de Ankar para optimizar a seguridade da zona, toda vez que se trata dunha área onde hai un parque infantil e áreas recreativas e deportivas.

Esta actuación inclúe o pintado para delimitar e ordenar de xeito axeitado os aparcamentos. O que se busca, entre outras cousas, é garantir a visibilidade para os vehículos que acceden ou saen de vivendas próximas, algo especialmente necesario nas inmediacións de interseccións.

Ademais, mellorouse a sinalización para indicar a circulación en sentido único obrigatorio na glorieta existente na entrada da rúa Peirao.

No que vai de verán xa se actuou previamente en lugares como a Rúa da Igrexa, na parroquia de Raxó, ou na Travesía das Cachadas, en Campelo (San Xoán). Trátase de actuacións que se están levando a cabo en todas as parroquias como resposta a peticións realizadas pola veciñanza, tendo en conta, ademais, os pertinentes informes previos favorables elaborados pola Policía Local.