Rematada a mellora do acceso rodado a un núcleo de vivendas en Vilalén

Cerdedo-Cotobade
25 de abril 2024

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado pola tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro, comprobou os resultados dos traballos realizados para mellorar o acceso rodado a un núcleo de vivendas en Vilalén, na parroquia de Tomonde

Lourdes Ovelleiro e Jorge Cubela supervisan a mellora do acceso rodado a un núcleo de vivendas en Vilalén, parroquia de Tomonde
Lourdes Ovelleiro e Jorge Cubela supervisan a mellora do acceso rodado a un núcleo de vivendas en Vilalén, parroquia de Tomonde / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado pola tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro, comprobou os resultados dos traballos realizados para mellorar o acceso rodado a un núcleo de vivendas en Vilalén, na parroquia de Tomonde, incluído dentro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) da Xunta xunto a outras actuacións en camiños do territorio que supoñen un investimento duns 120.000 euros.

Así, con esta intervención, solicitada pola veciñanza, dase resposta a un grupo de vivendas que tiñan problemas de acceso para vehículos xa que un muro dificultaba a entrada na zona habitada. Con esta actuación ademais renovouse a capa de rodadura.

Esta actuación enmárcase dentro das axudas xestionadas ante a Xunta de Galicia que inclúen tamén melloras nos camiños de Viduído, Vilariño, Fondós, Figueroa, Meilide e Pedre.

O alcalde Jorge Cubela valorou moi positivamente os traballos realizados xa que "a partir desta actuación os vehículos tanto particulares como de emerxencias poderán acceder mellor a este núcleo de casas".