En remollo para despedir as Festas de San Xoán ao grande

Poio
27 de xuño 2026

Os máis pequenos gozaron a última xornada das Festas de San Xoán coa xa tradicional festa infantil na Seca

Festa infantil de San Xoán na Seca
Festa infantil de San Xoán na Seca / Concello de Poio

As Festas de San Xoán de Poio chegan este sábado oficialmente ao seu fin.

Fixérono tras xornadas de intensa diversión e cunha traca final, a xa tradicional festa infantil na Seca.

Os máis pequenos puideron gozar este sábado dunha tarde de inchables, xogos de auga e animación.

Unhas actividades gratuítas pensadas para as familias.

Fiesta infantil de San Xoán en A Seca
Festa infantil de San Xoán na SecaConcello de Poio

Este gran especio de diversión infantil consolidouse xa como unha despedida á altura dun San Xoán con espazo e propostas para todos os públicos.

Tras a celebración infantil, a xornada pechábase pola noite coa última cita musical, coas orquestras Capitol e Kubo.

Todo iso coa guinda dos fogos artificiais para despedir o San Xoán até 2027.