A cúpula policial galega reuniuse este luns en Vigo para render homenaxe á pontevedresa Vanessa Lage, a axente de Policía Nacional asasinada en Vigo por un atracador de bancos que a cribou a balazos. Perdeu a vida porque non levaba chaleco antibalas.
Ao acto, entre outras autoridades, acudiron o xefe superior da Policía Nacional en Galicia, Ramón Gómez Nieto; ou o xefe provincial en Pontevedra, Juan José Díaz Jiménez.
Decenas de compañeiros da policía asasinada participaron neste emotivo acto, celebrado xusto cando se cumpren oito anos da súa morte en acto de servizo.
Os responsables policiais depositaron un centro de flores xunto á placa que lembra Vanessa Lage na comisaría de Vigo, na que estaba destinada.