Un home faleceu este domingo tras caer ao mar en Bueu.
O suceso produciuse pouco despois do medio día, na zona de Cabo Udra, cando un pescador que se atopaba preto da praia de Ancoradouro precipitouse á auga.
Foi un familiar do home o que alertou ao 112 Galicia do sucedido tras atopar as súas pertenzas nas rocas sen conseguir localizalo.
Nese momento activouse un operativo de procura.
No mesmo participaron Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil e Protección Civil de Bueu.
Finalmente foi o helicóptero Pesca I dos Gardacostas o que conseguiu localizar o pescador grazas á indicación dun particular.
A vítima foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Segundo informa o 112 Galicia, foi necesario practicar manobras de reanimación ao home durante o seu traslado, e aínda que inicialmente informouse soamente do rescate o home terminaría falecendo.