Un menor foi rescatado este luns do río Lérez tras lanzarse á auga desde a ponte das Palabras, en Monte Porreiro.
Trátase dun mozo de 17 anos de idade e veciño de Marín.
Ocorreu pouco antes das 20.00 horas da tarde, cando o menor se atopaba no lugar en compañía doutras persoas e, por motivos que se descoñecen, tirouse ao río.
Debido á altura do salto o adolescente tería perdido a consciencia.
Debido a iso e ao non aparecer na superficie, enseguida deuse a voz de alrma activándose un importante dispositivo de emerxencia para tratar de socorrelo.
Foi localizado polos Bombeiros de Pontevedra e reanimado polo 061 antes de ser trasladado con vida ao Hospital de Montecelo, segundo informou o Concello.
Tamén se mobilizaron efectivos da Policóa Local de Pontevedra e a Policía Nacional.
Fontes oficiais descartan a posibilidade de que se trate dun intento de suicidio, aínda que a Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias do suceso.