Rescatan unha camada de sete cachorros arroxados nun terraplén

O Salnés
11 de marzo 2023

Unha camada de sete cachorros metidos nun saco de penso e deixados nun terraplén foron rescatados por persoal do Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) da Deputación de Pontevedra  

Cachorros rescatados nun terraplén de Meis
Cachorros rescatados nun terraplén de Meis /

Unha camada de sete cachorros metidos nun saco de penso e deixados nun terraplén foron rescatados por persoal do Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) da Deputación de Pontevedra.

Desde o CAAN indican que os animais contan con poucas semanas de vida e chegaron ás instalacións da Armenteira "en pésimas condicións e un deles faleceu", mentres que o resto estanse a recuperar.

As tres femias e tres machos o persoal os bautizou como Silva, Xulia, Xana, Xoel, Gabi e Tono, e "evolucionan favorablemente" grazas á atención do CAAN, que os alimenta con leite na zona de maternidade.

Foi a agrupación de Protección Civil de Meis a que deu o aviso e localizou aos animais no lugar de Silvan. Os cans e cadelas atopábanse sucios, mollados e hipotérmicos, condicións da que un deles non se puido recuperar.