Preto de 13.000 euros investiu o goberno municipal de Poio nunha actuación que permitiu resolver os problemas de filtrado de augas, de condensación e de ventilación no pavillón polideportivo de Lourido.
Así, durante as últimas semanas fixéronse melloras na instalación, que consistiron na reparación da cuberta, na substitución de parafusos e na limpeza das bases e da placa.
Ademais, acometeuse a apertura de catro ventás nos laterais para facilitar a renovación do aire e mellorar a súa calidade e, ao mesmo tempo, evitar a condensación no interior.
O concelleiro de Deportes, Cándido Muíños, avanzou que "pouco a pouco" irán resolvendo os problemas que existen nas instalacións deportivas do municipio, "demandas históricas e totalmente razoable que iremos atendendo".