Restauración teme que a Xunta peche a Escola Superior de Pontevedra

Pontevedra
19 de xullo 2013

A dirección da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra, deu este venres a voz de alarma facendo público o seu temor polo futuro do centro. Fernando Carrera, director desta Escola situada no edificio de Belas Artes, reclama a inmediata adscrición á Universidade de Vigo e anuncia que o Consello Escolar pensa en dimitir en bloque

A dirección da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra, deu este venres a voz de alarma facendo público o seu temor polo futuro do centro.

Fernando Carrera, director desta Escola, situada no edificio de Belas Artes, reclama a inmediata adscrición á Universidade de Vigo e anuncia que o Consello Escolar pensa en dimitir en bloque.

A situación do centro é agónica tras 22 anos de historia estano deixando morrer", alerta Fernando Carrera "non sabemos se é unha decisión consciente, se é algo pactado ou se se trata de pura desidia" pero o certo é que o nacemento dos Graos Universitarios na mesma disciplina en numerosas universidades españolas supuxo un durou revés para a Escola de Conservación de Pontevedra porque se ve obrigada a competir pero sen medios.

Isto provoca unha "constante sangría de alumnos" que foxen a outros centros sen que a Consellería faga nada para evitalo.

O Consello Escolar esixe a inmediata adscrición á Universidade de Vigo e prevé dimitir en bloque o 30 de setembro se non se toma esta medida.

Este venres Fernando Carrera, intentará unha nova xestión en Santiago co subdirector xeral de Ensinanzas Especiais, Juan Durán. Aínda que o intentaron en reiteradas ocasións o conselleiro Xesús Vázquez nunca lles contestou.

O equipo directivo da Escola pontevedresa formúlase mesmo recorrer á vía xudicial para garantir os dereitos dos alumnos matriculados no ano 2010 e non descartan realizar actos reivindicativos a partir do 1 de setembro.

Tras sair á luz pública esta denuncia a resposta desde a Consellería de Educación non se fixo esperar e desde o gabinete de Xesús Vázquez enviaron aos medios un comunicado no que califican de "irresponsables" as declaracións do director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Ademáis esixen unha rectificación a Carrera polas súas manifestacións "con fin de garantir a tranquilidade dos estudantes, que en ningún caso van ver comprometido o seu futuro na Escola".

A pesar de que a Escola nunha gran descoñecida entre a cidadanía pontevedresa ao longo dos seus 22 anos de historia se converteu nun referente nun sector, consechando innumerables recoñecementos académicos e profesionais.