Retiran 80 quilos de lixo do tramo urbano do Gafos nunha nova xornada de limpeza simultánea de ríos

Pontevedra
26 de setembro 2021
Actualizado: 20:05

Un total de 22 voluntarios sumáronse este domingo en Pontevedra á  XIV Limpeza Simultánea de Ríos organizada en preto de medio centenar de municipios de toda Galicia. A xornada, convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) en toda Galicia, estivo coordinada en Pontevedra por Vaipolorío e a Fundación Xoán XXIII

Participantes na XIV Limpeza Simultánea de Ríos en Pontevedra
Participantes na XIV Limpeza Simultánea de Ríos en Pontevedra / Vaipolorìo

Un total de 22 voluntarios sumáronse este domingo en Pontevedra á  XIV Limpeza Simultánea de Ríos organizada en preto de medio centenar de municipios de toda Galicia.

A xornada, convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) en toda Galicia, estivo coordinada en Pontevedra por Vaipolorío e a Fundación Xoán XXIII

Baixo o lema 'Móllate polos Ríos', realizaron unha limpeza no tramo urbano do río Gafos na que retiraron 80 quilos de lixo. 

A actividade tamén se desenvolveu no río Umia, coordinada polo Colectivo Ecoloxista do Salnés. Participaron un total de 16 persoas, que percorreron as dúas beiras do Umia dende a ponte dos Padriños ata as inmediacións da Ponte nova de Santa Marta, divididos en pequenos grupos de convivencia.

Durante o percorrido, recolleron 240 litros de de envases (plásticos e latas de refrescos); 150 litros de papel e cartón, restos orgánicos e restos non reciclables; e cinco litros de vidro.

Ademais, recolléronse voluminosos e tóxicos. En concreto, un pneumático, catro pequenos anacos de uralita e cinco pezas de ladrillos e cerámica. Tamén se detectou un punto de vertido de restos de poda duns tres metros cúbicos procedentes probablemente do xardín da casa veciña.