A Xunta de Galicia liberou de 22,4 toneladas de documentación nos Xulgados de Pontevedra a través dos labores de expurgo que se están a acometer. Esta iniciativa inclúese dentro dun labor de modernización da Administración de Xustiza.
Estes traballos permiten gañar espazo nas sedes xudiciais, ao mesmo tempo que se conservan axeitadamente os documentos que teñen valor histórico e se facilita o acceso á documentación nos arquivos xudiciais. O Plan inicial de expurgo comezou na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza e nas Seccións 3ª e 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra.
Segundo a Xunta, con este plan lévase a cabo un inventario dos fondos documentais que se gardan nos xulgados galegos e determínase cales son dignos de conservar polo seu interese histórico e cales se poden eliminar. Unha vez feito este traballo, só quedarán aqueles expedientes con menos de cinco anos de vida; ademais dos que teñan un especial interese e os de valor documental, que pasarán a un arquivo histórico.
Nas sedes xudiciais de Pontevedra e de Vigo retiráronse 50 toneladas de pezas de convicción, obxectos intervidos en causas criminais como armas, que foron enviadas a Sogama para a súa destrución.