Retiran o tronco da árbore que cortaba o carreiro peonil do río Gafos

Pontevedra
10 de novembro 2020

Posiblemente o vento e as choivas dos últimos días fosen a causa da caída desta árbore de grandes dimensións, así o denunciou Vaipolorío

Árbore caída no sendeiro do Gafos
Árbore caída no sendeiro do Gafos / Vaipolorío

Xa está liberado o carreiro peonil do río Gafos do tronco da árbore que cortaba o paso na zona rural de Tomeza.

Posiblemente o vento e as choivas dos últimos días fosen a causa da caída desta árbore de grandes dimensións, así o denunciou Vaipolorío.

Os voluntarios deste colectivo ecoloxista descubriron esta árbore nunha dos seus habituais batidas polo leito do río. Avisaban que non era o único exemplar que veu abaixo estes días polo que xa adiantaron a súa intención de retirar as árbores en canto sexa posible.

Vaipolorío comunicou este martes que a árbore xa foi retirado.