Revisión aos cemiterios municipais de Ribadumia

O Salnés
25 de outubro 2025

Operarios municipais pasan revista estes días aos camposantos para que estean en perfectas condicións para a festividade de Todos os Santos

Posta a punto nos cemiterios municipais de Ribadumia
Posta a punto nos cemiterios municipais de Ribadumia / Concello de Ribadumia

A festividade de Todos os Santos e o Día de Defuntos está ao virar a esquina.

Por ese motivo o Concello de Ribadumia pasa estes días revista aos seus cemiterios.

Operarios municipais están a revisar e poñendo a punto os camposantos, tanto no interior dos mesmos como na zona exterior.

En concreto, informa o goberno local, os traballos inclúen roza, baldeo, limpeza de zonas axardinadas e comúns.

Tamén a revisión dos puntos de luz e o acondicionamento xeral das instalacións.

Uns labores cos que tentar ofrecer espazos coidados e accesibles pensando nunha festividade que supón unha importante afluencia aos cemiterios e de gran significado para moitos veciños.

Puesta a punto en los cementerios municipales de Ribadumia
Posta a punto nos cemiterios municipais de RibadumiaConcello de Ribadumia