A Sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra rexeitou o recurso presentado polo considerado fundador dos Miguelianos no que solicitaba que se baixase en dous anos a pena imposta.
As maxistradas da Sección Cuarta entenden que a aplicación da lei de garantía integral da liberdade sexual, máis coñecida como a lei do ‘só si é si’, sería "máis desfavorable ao reo", é dicir, que de acordo con a nova lei o acusado recibiría unha pena maior.
De modo que se mantén a sentenza de nove anos de prisión para Miguel Rosendo, fundador da 'Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo' como autor responsable dun delito de abuso sexual continuado con prevalimiento e penetración.
A condena da Audiencia Provincial de Pontevedra, imposta en 2018, foi ratificada polo Tribunal Supremo o pasado ano.