Rexístrase un novo caso activo de Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés

Pontevedra
27 de xuño 2020

A área sanitaria continúa sen pacientes hospitalizados en planta pero si rexistra un activo máis, que se suma a outros oito casos que evolucionan nos seus domicilios

Datos oficiais de persoas afectadas por coronavirus en Pontevedra e O Salnés a 27 de xuño
Datos oficiais de persoas afectadas por coronavirus en Pontevedra e O Salnés a 27 de xuño

Este sábado 27 de xuño, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa sen pacientes Covid hospitalizados nas plantas do  Complexo Hospitalario de Pontevedra, o Hospital do Salnés e o  QuirónSalud.

Tamén se mantén sen pacientes ingresados con coronavirus en área de coidados críticos. Con todo, este sábado rexistrouse un caso activo máis que durante o venres 26. Agora son xa 9 casos activos de persoas que evolucionan coa enfermidade nos seus domicilios.

Mantense o número de 893 pacientes curados da Covid-19 desde o inicio do plan de continxencia e faleceron 16 pacientes por culpa do virus na área sanitaria de Pontevedra.

Galicia rexistra este sábado un total de 308 casos activos de coronavirus, dos que 304 permanecen nos seus domicilios. O número de  PCR realizadas, segundo o SERGAS, ascende a 174.369.