O Concello de Ribadumia ofertará varios postos de traballo cos que busca fomentar o emprego local e reforzar os servizos mediante a contratación de persoal en diversas áreas.
Para iso, solicitou unha subvención ao amparo da liña 3 para a activación do emprego do Plan +Provincia 2026 da Deputación de Pontevedra.
O ente provincial concedeu 99.000 euros para contratar a 6 traballadores para diferentes postos.
As persoas solicitantes deberán estar sen traballo, incritas no SPEG como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para traballar.
Para o sector de obras e servizos estará dispoñible o posto dun albanel e tres peóns de obras públicas para mantemento de infraestruturas; para conciliación, un de monitor de lecer e tempo libre con formación específica para familias, e un de técnico de urbanismo para o sector da administración. Este último deberá ter o Grao en Arquitectura ou equivalente.
Os contratos serán a xornada completa entre abril e decembro do presente ano.
As ofertas publicaranse no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), priorizando demandantes non ocupados dispoñibles.