Rotondas decoradas con lazos rosas para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama

Sanxenxo
14 de outubro 2022

Desde a sede en Sanxenxo da Asociación Española contra o Cancro informaron que levarán a cabo ao longo do mes diferentes accións para recadar fondos que axuden a seguir loitando e investigando sobre esta enfermidade

Rotonda decorada con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama
Rotonda decorada con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama / Asociación Española contra el Cáncer

O 19 de outubro de cada ano conmemórase o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, data que pretende sensibilizar á poboación coa importancia da súa detección precoz.

É por iso que, durante o mes de outubro, a sede en Sanxenxo da Asociación Española contra o Cancro decorou algunhas das rotondas do municipio con lazos de cor rosa en conmemoración deste día.

Ademais, desde a Asociación, levarán a cabo ao longo do mes diferentes accións para recadar fondos, que axuden a seguir loitando e investigando sobre esta enfermidade.

Explican que durante este mes preténdese concienciar e facer entender a todas as mulleres a importancia que ten detectar o cancro de forma temperá xa que, "se se detecta a tempo, pódese curar".

Por este motivo queren que "todas as mulleres sexamos conscientes da importancia que ten a prevención temperá deste tipo de cancro" que, de 1,38 millóns de casos, dá como resultado un 458 mil mortes.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora