J.L.D.M., alcumado O Excelentísimo e coñecido hai unha década en Pontevedra por un regueiro de roubos, ingresou na prisión da Lama para cumprir unha condena que tiña pendente.
Un xulgado ditara unha orde para a súa detención e ingreso en prisión, pero seguía libre ata que a pasada semana o localizou unha patrulla da Polcía Nacional de Marín como sospeitoso dun furto en Pontevedra.
Todo ocorreu sobe as 9:30 horas da mañá. Un cidadán estacionou a súa furgoneta nas inmediacións dun establecemento comercial de Pontevedra e deixouna acendida e coas chaves postas. Aproveitando esa situación, un home subiuse a ela e levouna do lugar.
O roubo esclareceuno pouco despois unha patrulla da Policía Nacional da Comisaría de Marín, que viu a furgoneta sustraída estacionada nun coñecido barrio de Marín e observou que un home se dispuña a subir a ela.
Nese momento, os policías déronlle o alto e o sospeitoso fuxiu correndo, pero lograron interceptalo coas chaves da furgoneta no seu poder.
O home foi detido e trasladado á Comisaría e alí os axentes comprobaron que non só era sospeitoso deste furto senón que tiña en vigor unha orde xudicial para a súa detención e ingreso en prisión.
Esa mesma mañá foi trasladado ao centro penal da Lama para cumprir a sentenza.
A Policía Nacional aproveita para lembrar unha serie de consellos para evitar furtos ao descoido en furgonetas, camións, furgóns de repartición e vehículos particulares. Aconsella extremar as precaucións e, na medida do posible, pechar sempre os vehículos con chave.
Os delincuentes aproveitan que os condutores se baixan ou ausentan do automóbil para levar a cabo a repartición ou o recado particular para aproximarse ao vehículo e subtraer o vehículo e, nalgúns casos, tamén as pertenzas do usuario: teléfonos móbiles, carteiras etc.. No caso dos profesionais de repartición, tamén levan a paquetería.