Rozan a estrada entre O Grove e San Vicente para preparala para o verán

O Salnés
22 de maio 2020

Logo de que se retomara a actividade na vía pública, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o plan de traballo para o mantemento de estradas da súa titularidade na provincia e unha delas é esta do Grove. Unha unidade de roza e dous operarios estarán traballando durante os vindeiros días

Maleza na estrada entre O Grove e San Vicente

A estrada entre O Grove e San Vicente, unha das máis transitadas do municipio, especialmente no verán, está a ser preparada para a chegada da tempada estival.

Logo de que se retomara a actividade na vía pública, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o plan de traballo para o mantemento de estradas da súa titularidade na provincia e unha delas é esta do Grove.

Unha unidade de roza e dous operarios estarán traballando durante os vindeiros días

Este traballos considéranse fundamentais polo Concello do Grove para a posta a punto da localidade, tan necesaria logo do parón producido durante a corentena.