A 'Ruada das Gotas' reivindica en Ribadumia o orgullo de "resistir, existir e amar dende aquí"

O Salnés
21 de xuño 2025

O evento organizado pola Asociación Gotas reivindica os dereitos das persoas LGTBI e a diversidade afectiva, sexual e de xénero con dignidade e liberdade tamén no rural

Ruada das Gotas en Ribadumia
Ruada das Gotas en Ribadumia / Xunta de Galicia

Ribadumia celebra este sábado a diveridad cunha nova edición da Ruada das Gotas.

O evento organizado pola Asociación Gotas reivindica os dereitos das persoas LGTBI e a diversidade afectiva, sexual e de xénero con dignidade e liberdade tamén no rural.

"É un orgullo vivir e reivindicarse nun pobo rural. É un orgullo resistir, existir e amar dende aquí", sinala o manifesto que foi lido para dar inicio á xornada.

"Queremos unha Ribadumia onde as persoas LGBTIQ+ non só poidan vivir con liberdade a súa orientación e identidade, senón tamén envellecer con dignidade, sen medo, con seguridade. Un pobo onde cada nena, mozo ou persoa maior saiba que ten un lugar, que é respectada e valorada tal e como é", afirma a Asociación Gotas.

A lectura do manifesto da Ruada das Gotas contou coa presenza do alcalde de Ribadumia, David Castro, e de a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana.

Ruada das Gotas en Ribadumia
Ruada das Gotas en RibadumiaXunta de Galicia

Unha xornada que contaba con animación musical desde o vermú coa actuación de Catuxa Salom e cun Xantar Diverso.

Xa pola noite, a programación contaba con Guadi Galego, Montedapena e La Yaya Dj.

A actividade aínda continuará este domingo cun concurso de tortillas e novas actuacións a cargo de Nydia e de Chiña.