Pontevedra prepárase para celebrar o Orgullo 2025 do 17 ao 30 de xuño cunha programación "orgullosamente diversa" que quere reafirmar a cidade como un "espazo seguro, amable e respectuoso", tal e como destacou a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías.
A programación abrirá o martes 17 de xuño ás 19:00 horas no primeiro andar do Teatro Principal co coloquio "A diversidade nas aulas... Materia pendente?", que abordará as conclusións dun estudio pioneiro realizado polo Concello de Pontevedra nos insituttos. Contará coa participación da concelleira de Igualdade, Anabel Gulías; de Eva Mejuto, de Pinto e Maragota; e do profesorado e alumnado do equipo de Igualdade do IES Valle Inclán. Estará moderado pola xornalista Belén López.
Ao coincidir o Orgullo 2025 co Multisport de Tríatlon e a Bienal, a organización aproveitará para falar sobre as persoas racializadas e sobre a diversidade no deporte. Concretamente, abordarán "a discriminación que sofre a xente trans no deporte" a través dunha charla na Casa das Campás da man de Laura Bugalho. Será o mércores 18 ás 19:00 horas.
Neste marco, tamén abordarán "A pegada lésbica nos deportes de contacto: Fútbol gaélico e Rugby" o martes 24 de xuño ás 19:00 horas na Casa das Campás, coa participación de Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales.
A literatura e a arte contarán cun espazo destacado no programa coa presentación do libro "Vidas e Historia LGBT da Idade Media", con Carlos Callón, e da Feira Marica: arte e autoedición LGBTIQ+ que se celebrará nos Xardíns de Marescot.
Así mesmo, a Libraría Seijas organizará un Club de Lectura Queer na Casa das Campás.

A programación cultural complementarase con proxeccións audiovisuais no Teatro Principal, incluíndo "Delirio Sketchs", "Ocaña, retrato intermitente" e o primeiro capítulo de "Mariliendre".
O venres 27 de xuño ás 19:00 horas no Teatro Principal dedicaráselle unha homenaxe a Marcos López, seguido da proxección das curtas "Big boys don't cry", "Só KIM" e "Three", e o concerto de Mondra ás 22:00 horas na Praza de España.
O sábado 28 de xuño será o día grande da festa no Parque das Palmeiras, deseñado como un "espazo inclusivo onde todo o mundo é benvido".
A xornada incluirá actuacións de Happy Singers con Pride (12:30), sesión vermú con Piratas sen parche (13:00), un "xantar colorido" (15:00), e música con Duendeneta Dilleis (16:30-20:00 e 21:30-23:00). Ás 18:30 horas, haberá unha actividade familiar con Cris de Caldas, "Contos do arco da vella".
O punto e final da xornada será a manifestación que partirá ás 20:00 horas do Parque das Palmeiras baixo a lema "Nin un paso atrás, nin unha letra menos". Esta marcha busca protestar contra as violencias que sofre o colectivo en "tempos tan polarizados e extremos", reafirmando a necesidade de ser visible e defender que "todas as letras do colectivo son igual de importantes".
A manifestación finalizará no Parque das Palmeiras coa lectura do manifesto, que contará con interpretación en lingua de signos. A festa continuará cun concerto de Leria (23:00) e Yaya DJ aa as 2:00 horas.
PROGRAMACIÓN DO ORGULLO 2025
Martes 17 de xuño
- 19:00 horas: Coloquio "A diversidade nas aulas... Materia pendente?" no primeiro andar do Teatro Principal. Con Anabel Gulías, Eva Mejuto (Pinto e Maragota), profesorado e alumnado do IES Valle Inclán, e moderado por Belén López.
Mércores 18 de xuño
- 19:00 horas: Actividade con Memoria LGBTIQA+ galega coa activista trans Laura Bugallo na Casa das Campás.
Xoves 19 de xuño
- 19:00 horas: Presentación do libro "Vidas e Historia LGBT dá Idade Media" con Carlos Callón na Libraría Paz.
Sábado 21 de xuño
- 12:00 a 20:00 horas: Feira Marica: arte e autoedición LGBTIQ+ nos Xardíns de Marescot.
Luns 23 de xuño
- 19:00 horas: Instalación da pancarta do Orgullo no balcón da Casa Consistorial.
- 20:00 horas: Inauguración de "Ambienta" no Teatro Principal, coa proxección de 'Delirio Sketchs'.
Martes 24 de xuño
- 19:00 horas: Charla "A pegada lésbica nos deportes de contacto: Fútbol gaélico e Rugby" con Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales na Casa das Campás.
- 20:30 horas: Proxección da película 'Ocaña, retrato intermitente' no Teatro Principal.
Mércores 25 de xuño
- 19:00 horas: Charla "Espazo ocupado: habitar sendo a franxa marrón do arco da vella" con Aranxa Vicens e Zahira Teijelo na Casa das Campás.
- 20:30 horas: Proxección de 'L'Aiguille' no Teatro Principal.
Xoves 26 de xuño
- 19:00 horas: Presentación do libro 'Insubmisión ambigua' con Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns na Libraría Paz.
- 20:30 horas: Proxección do primeiro capítulo de 'Mariliendre' no Teatro Principal.
Venres 27 de xuño
- 19:00 horas: Homenaxe a Marcos López, xestor cultural da cidade, no Teatro Principal.
- 20:30 horas: Proxección das curtas 'Big boys don't cry', 'Só KIM' e 'Three' no Teatro Principal.
- 22:00 horas: Concerto de Mondra na Praza de España.
Sábado 28 de xuño
- 12:30 horas: Actuación de Happy Singers, con Pride, no Parque das Palmeiras.
- 13:00 horas: Sesión vermú con Piratas sen parche no Parque das Palmeiras.
- 15:00 horas: Xantar Colorido no Parque das Palmeiras.
- 16:30 a 20:00 horas: Música con Duendeneta Dilleis no Parque das Palmeiras.
- 18:30 horas: Actividade familiar 'Contos do arco da vella' con Cris de Caldas no Parque das Palmeiras.
- 20:00 horas: Manifestación baixo a lema "Nin un paso atrás, nin unha letra menos". Saída e final no Parque das Palmeiras, con lectura de manifesto e interpretación en lingua de signos.
- 21:30 a 23:00 horas: Continúa Duendeneta Dilleis no Parque das Palmeiras.
- 23:00 horas: Concerto de Leria no Parque das Palmeiras.
- 00:30 a 2:00 horas: Sesión con Yaya DJ no Parque das Palmeiras.
Luns 30 de xuño
- Club de lectura e creación queer a partir de 12 anos na Libraría Seijas.