O Partido Popular celebraba este sábado en Vilagarcía de Arousa un mitin no que participaba o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda; a cabeza de lista ao Congreso, Ana Pastor; e o tamén candidato á Cámara Baixa, Juan Andrés Bayón.
Rueda convidou os asistentes a votar polos populares ao entender que é a única garantía de voto útil para lograr un cambio "ansiado e ilusionante" para España.
O presidente do PPdeG fixo un chamamento á participación masiva o vindeiro domingo 23 de xullo insistindo en que votar a Alberto Núñez Feijóo é asegurarse un Goberno "por e para todos, estable, con sentidiño e á galega".
Ana Pastor, durante a súa intervención, apuntaba que é o momento de "votar con unidade para ter unha maioría suficiente coa que derrogar o sanchismo e afrontar os cambios que España necesita".
Juan Andrés Bayón quixo lembrar, pola súa banda, que foi un goberno do PP quen deixou aprobada e con orzamento a reforma do paseo marítimo de Vilagarcía e quen se preocupou da rexeneración da praia de Vilaxoán, ademais de apostar pola conexión ferroviaria con Madrid.