Rueda, único candidato a presidir "la época más difícil del PP de Pontevedra"

Pontevedra
11 de febreiro 2016

O secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este venres preto dun centenar de avais, entre eles, destaca o apoio do presidente saínte, Rafael Louzán, xunto cos presidentes locais e portavoces municipais do PP na provincia, máis os deputados populares no Congreso estatal e no Parlamento galego, así como afiliados ao PP que traballan directamente con Rueda na Xunta

Alfonso Rueda presenta os avais para presentar a súa candidatura á presidencia do PP provincial
Alfonso Rueda presenta os avais para presentar a súa candidatura á presidencia do PP provincial

Pechado o prazo establecido confírmase que a de Alfonso Rueda é a única candidatura para presidir o Partido Popular da provincia de Pontevedra.

O secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este venres preto dun centenar de avais, entre eles, destaca o apoio do presidente saínte, Rafael Louzán, xunto cos presidentes locais e portavoces municipais do PP na provincia, máis os deputados populares no Congreso estatal e no Parlamento galego, así como afiliados ao PP que traballan directamente con Rueda na Xunta.

Hermético nas súas respostas, Alfonso Rueda non quixo desvelar a composición do equipo co que concorrerá ao Congreso Provincial a mediados de marzo, tan só avanzou que pretende facer unha "renovación importante" e dirixirse mesmo a "gente que nunca estuvo en la política activa".

"Ahora toca patear la provincia y conformar un equipo para la época más difícil del PP de Pontevedra", manifestou.

A nova cúpula do PP provincial será "lo más representativa territorialmente" e terá unha perfil "bastante ejecutivo" e actuará dividida en "áreas de trabajo".

O actual secretario xeral do PPdeG chega convencido de que "hay cosas que corregir" aínda que admite que será continuista "en lo que se hacía bien" para que os preto de 35.000 afiliados lémbrenlle como "alguien que vino a trabajar duro y a dejar el PP en una mejor situación" que a que se atopou.

Rueda da por feito que o tema da corrupción "saldrá en las reuniones" programadas coa militancia, polo que sinalou que é "una de las cosas" que o seu partido ten que "combatir" e asegurou que "esas prácticas tienen que quedar desterradas".