Saen a contratación obras en Cerponzóns e Ponte Muíños e adxudican a Naturgalia as 32 bases dos centros de compostaxe

Pontevedra
03 de xullo 2017

A Xunta de Goberno Local sacou a contratación por 219.625 euros as obras do "Núcleo de centralidade de Cerponzóns" para acondicionar o entorno do centro cultural xerando unha nova praza

Composteiros de Monte Porreiro
Composteiros de Monte Porreiro / PontevedraViva

A Xunta de Goberno Local sacou a contratación por 219.625 euros as obras do "Núcleo de centralidade de Cerponzóns" para acondicionar o entorno do centro cultural xerando unha nova praza. O prazo de execución é de catro meses.

Tamén vai a licitación a mellora da accesibilidade na Avenida das Camelias, o vial de acceso dende a estrada de Marín ata a piscina olímpica de Ponte Muíños. A ampliación e mellora das beirarrúas e o tratamento do entorno da pista polideportiva ten un orzamento de saída de 127.843 euros e un prazo de tres meses. 

Ademáis se aprobou nesta Xunta de Goberno Local a adxudicación á empresa Naturgalia de 32 bases dos centros de compostaxe que se instalarán nos barrios de Monte Porreiro e Campolongo.

Nestas bases instalaranse 300 módulos para o tratamento de biorresiduos.

A empresa executará esta obra por 213.504 euros e ten un prazo de adxudicación de 3 meses. A previsión é que traten arredor de 1.300 toneladas de biorresiduos ao ano, e atenderán a unha poboación duns 8.000 pontevedreses.